Que lle imos facer se son máis de saltar cachelas que de contar uvas,
de empezar o ano no verán.
De comer sardiñas en pan de millo.
E ser feliz co cheiro a fume en cada barrio…
Que lle imos facer… Se cada ano seguimos a tradición…
E cada ano inventamos tradicións novas…
Ceamos pizzas na praia… Acendemos faroliños da China…
Pero seguimos saltando o lume e cremos que un ano máxico comeza cada noite de San Xoán…