Virando o rosa é un libro documental sobre o cancro de mama que aborda a experiencia das mulleres desde unha perspectiva crítica e feminista. A través de testemuños reais en primeira persoa, analiza non só o impacto físico e emocional da enfermidade, senón tamén a relación co sistema médico e a construción social arredor do símbolo do “rosa”.
Lonxe da narrativa edulcorada habitual, este proxecto editorial cuestiona os estereotipos asociados ao cancro de mama, visibiliza vivencias diversas e promove unha reflexión necesaria sobre como se trata as pacientes dentro das estruturas sanitarias, tanto no que ten ver estritamente coa parte médica como da vertente estética.
Se buscas un libro que afonde no cancro de mama máis alá das campañas simbólicas, Virando o rosa é unha lectura imprescindible, un libro recomendado para persoas interesadas en saúde, feminismo, medicina con perspectiva de xénero, narrativa documental e pensamento crítico.
“Virando o rosa” recibiu o VII Premio “Luisa Villalta” a proxectos pola igualdade no ano 2025, da Deputación da Coruña.
Fotografías: Diana Fajardo Rama
Textos: Dolores Vázquez Blanco




